Materiais

Aluminio

Materiais de altas prestacións, lixeiro, dúctil, económico, resistente á oxidación e que posibilita unha gran variedade de acabados: Gravado láser, fresado e pintado, serigrafía, tinguido anódico, lacados e impresión directa. Utilízase tamén como soporte para rotulación en exteriores de naves ou sinalización en xeral. Boa relación calidade/prezo.

Aceiro inoxidable

Pola súa composición e durabilidade o aceiro inoxidable é o material que ofrece maiores garantías. Acabados dispoñibles: Gravado láser, fresado e pintado, gravado ao ácido ou impresión directa. Calidades: AISI 304, AISI 316 (naval ou aplicacións mariñas), cortén..

Latón e cobre

O latón e o cobre son metais con características especiais indicadas para traballos de matricería, pezas para electroerosión, placas navais, postos de soldadura ou decorativas.

Policarbonato

O policarbonato é un material caracterizado pola súa transparencia, estabilidade dimensional, flexibilidade, resistencia á calor e unha elevada capacidade dieléctrica. Gran variedade de aplicacións para cartelería, confección de estruturas ou mecanizado.

PVC

O PVC caracterízase pola súa capacidade dieléctrica, sendo adecuado para sinalizacións en paneis eléctricos ou conexións. Tamén é moi usado como soporte económico de cartelería ou na realización de letras corpóreas pola súa resistencia á intemperie e fácil mecanizado. Dispoñible en gran variedade de cores.

Metacrilato

Material acrílico moi usado para confección de carteis, escaparatismo, expositores, cadros de mando ou peanas. Pódese gravar e cortar con láser ou mecanizar facilmente. Dispoñible en cor branca, traslúcido, transparente e cores.

Madeira

Material excelente para o mecanizado e corte CNC ou gravado con láser. Multiples usos decorativos en interior, convenientemente tratada é usada en señalética de sendas rurais ou rótulos exterior e tamén permite a impresión directa con tintas UV.

Cristal

Permite o gravado láser de logotipos ou imaxes en 2D e 3D para uso decorativo, agasallos de empresa ou institucionais. Tamén permite a impresión directa con tintas UV.

Papel/Cartón

Aparte das aplicacións de impresión normais permite o troquelado por láser de filigranas, micro-perforados ou cortes para uso en artigos diversos como prototipos de cartonaxes, cartóns ou invitacións postais.

Coiro

Usado habitualmente para usos decorativos ou na industria téxtil/peletera caracterízase pola súa dureza e beleza natural. Excelente calidade de gravado e corte por láser.

Cerámica/Mármore/Granito/Lousa

Permiten o gravado con láser e achegar cores nos gravados de logotipos ou imaxes para conseguir interesantes efectos decorativos.

Outros Plásticos

Dependendo do tipo de plástico son susceptibles de mecanizado CNC ou gravado con láser de códigos de barras, numeración en serie, logotipos, señalética, etc.